Que foi para nós a tecnoloxía?
A tecnoloxía foi para nos un elemento importante na nosa vida, xa que dende cativos, o uso da tecnoloxía como medio de ocio ocupou un papel importante nas nosas vidas. Isto derivou en que na posterior adolescencia ,o uso da tecnoloxía, en concreto o uso das redes sociais, fose un dos papeis máis importantes da nosa actividade social.
Que lugar ocupou na nosa educación?
A teconoloxía estivo presente na nosa educación dende ben cativos, xa que en primaria comezamos a ter un ordenador individual cada un de nós. Na nosa opinión, o efecto que tivo esto sobre nós foi positivo. Na secundaria, a tecnoloxía seguiu igual de presente. Finalmente, onde máis relevante é a tecnoloxía dentro do ámbito educactivo, é na actualidade, xa que se non dispuxeramos de esta, non habería outra alternativa a cal nos permita seguir consumindo e impartindo educación.
Se puidésemos destacar algo da tecnoloxía sería...
a presenza que ten na sociedade actual e que moita xente non se percata. Actualmente a maioría das cousas que acontencen son grazas ás tecnoloxías: as páxinas web ás que accedemos para comprar, a plataforma que empregamos para ver unha película coa familia, as máquinas encargadas de fabricar a roupa que nos poñemos... E infinidade de cousas que fan a nosa vida máis sinxela. A tecnoloxía avanza cada vez máis e apórtanos novidades e invencións que nunca pensaríamos que fosen a existir.
Symbaloo es una plataforma ideal para tener recogidos y organizados todos nuestros recursos educativos. Creemos que es muy útil ya que de esta manera cuando necesitemos un recurso lo podremos encontrar y acceder al momento además de que la presentación es mucho más visual.
0 comentarios:
Publicar un comentario