1. Aprenden mellor os/as rapaces/rapazas coas novas tecnoloxías?


    Non pensamos que aprendan dunha forma máis eficaz, xa que iso depende da capacidade que teña o profesor para motivar ao seu alumnado, e para lograr que adquiran os coñecementos necesarios. E as NNTT non teñen que ser necesariamente a vía máis adecuado para logralo, xa que se o profesor logra facelo seguindo outra metodoloxía, estará facéndoo de forma correcta.

    Aínda que consideramos tamén que na época na que estamos e que cada vez as NNTT están máis presentes na nosa vida, é necesario introducilas aos rapaces desde pequenos, pero non necesariamente empregalas como a única metodoloxía para ensinar.


    Faite mellor ou peor profesor o uso das novas tecnoloxías?


    Non opinamos que sexas mellor ou peor mestre por empregar as novas tecnoloxías. Relacionado coa cuestión, anterior, pensamos que un profesor que fai uso das novas tecnoloxías, dispón dunha ferramenta moi útil para ensinar ao seu alumnado que un profesor que non sabe empregalas. Aínda así hai profesores que seguen outras metodoloxías coas que logran o mesmo resultado. Polo tanto, decantámonos por dicir que o uso das NNTT non fai mellor a un profesor.


    Como crees que as ides a empregar na aula no futuro?

    As empregaremos cada vez con maior frecuencia, xa que coa situación actual, o rexistro de asistencia a través de plataformas virtuais é máis habitual, en moitas asignaturas míranse vídeos educativos a través do proxector, realízanse exámenes tipo test co ordenador en lugar de en papel... e tamén en asignaturas como a nosa, a Educación Física,  aparecen as novas tecnoloxías para impartir as clases. Por exemplo para actividades como a creación dunha coreografía, os alumnos poden axudarse de internet ou se queremos lograr unha motivación extra en rapaces que non lles gusta a practica deportiva, na rede hai moitos vídeos motivacionais que poden ser moi útiles.


    As novas tecnoloxías como medio ou como fin?


    Na actualidade, uns dos medios de comunicacións máis importantes son os derivados de internet (as redes sociais, periódicos dixitais, etc.). Ademáis disto, as novas tecnoloxías e o mundo dixital teñen un gran papel na actualidade no ámbito educativo debido ás circustancias que están a ocorrer. Debido a isto, podemos decir sen niguna dúbida que as novas tecnoloxías son o medio actual para a actividade social. 
    Tendo en conta a productividade das novas tecnoloxías, poderíase tratar máis o ensino de esta para así poder mellorar tanto as novas tecnoloxíase en sí como o uso destas, convertindo así as novas tecnoloxías nun fin que será utilizado como medio.



    Hai medios nos colexios públicos para traballar coas novas tecnoloxías?

    Dende a nosa vivenza, podemos dicir que os colexios públicos nos que estudamos sí que dispoñían de novas tecnoloxías, tanto como para o profesor coa pizarra dixital como para os alumnos co seu ordenador individual.

  2. 0 comentarios:

    Publicar un comentario